CRTVG

Buscar

Tráfico detecta 4 coches ao mes en sentido contrario

Publicado o 03/06/2019 15:01

A DXT detecta cada mes catro ou cinco condutores circulando en dirección contraria polas autoestradas galega, case sempre por despistes. Para evitalo, Tráfico estuda facer cambios nos accesos, segundo dixo hoxe a delegada territorial no inicio da campaña de control de drogas e alcol.

A DXT empezou esta mañá unha campaña de control de alcol e drogas nas estradas. Pretenden facer un chamamento á taxa cero ao volante e á condución responsable, xa que no que vai de ano morreron nas estradas galegas 42 persoas, 15 máis que o ano pasado, e moitas delas novas.

"Vimos condutas de risco
Rexistramos aumento da velocidade.
Moito peón sen roupa reflectoraTamén morre moita xente de menos de 30 anos. Só en maio, oito de doce", di 
Victoria Gómez, delegada da DXT en Galicia

Lesionados medulares colaboran nesta campaña alertando os condutores do que lles pode ocorrer.

"Somos lesionados medulares. 50% por cento a consecuencia de accidentes.
Sen tratar de meter medo, pero que vexades que as cosecuencas estan á vista" dille Manuel Varela, da
Asociación de Lesionados Medulares de Galicia, a un conductor.

Sobre os últimos casos de condutores que circulaban en sentido contrario por autoestradas, a delegada de Tráfico dixo que non sempre se pode falar de kamikazes.

"A media mensual temos 4 ou 5 avisos de persoas que acceden a unha auestrada ou autovía por sentido contrario, e case sempre son casos de descoidos.
Habería que estudar, e de feito xa esta proposto, estudar algun tipo de equipacion a maiores en estrada para tratar de frear, que xa non se incoporen por esa vía" anuncia a delegada de Tráfico

A campaña de control de alcol e drogas vai durar ata o domingo.




 

Noticias web

03/06/2019