CRTVG

Buscar

Tráfico aumenta os controis para unha Noitevella e un Aninovo seguros

Publicado o 31/12/2019 10:26

Noite de Aninovo, noite sabemos que de excesos, pero noite que ten que ser de festa. Tráfico xa comezou os controis para que o ano remate ben e comece con seguridade.

Desde hoxe, 31 de decembro, ás tres da tarde ata a medianoite do día 1 de xaneiro, Tráfico calcula que só en Galicia se van producir máis de medio millón de desprazamentos. A DXT entende que hoxe, desde primeira hora, pode ser un día de excesos, polo que desde ben cedo están facendo controis de drogas e alcol en todos os tipos de vías, "especialmente en vías secundarias", explica o tenente Meléndez, da Garda Civil de Tráfico.

Sobre o uso do teléfono no automóbil, o tenente Meléndez recomenda "poñelo en modo coche, se se dispón desa opción, e senón apagalo directamente ou poñelo nun sitio que non sexa acesible para o condutor, e así avitar as tentacións".

Como recomendación xeral, respectar as indicacións de velocidade segundo o tipo de vía e tamén atender ás condicións da estrada e do tempo, remata dicindo este oficial da Garda Civil.

 

Noticias web

31/12/2019