Tráfico alerta do incremento de baixas temporais de vehículos
Tráfico alerta do incremento de baixas temporais de vehículos e toma medidas. Preocúpalle á DXT porque no último ano recibiu en exceso esas solicitudes e está comprobando que nas estradas seguen a circular moitos vehículos que tiñan que estar xa en baixa definitiva.
Dende o ano 2004, o número de baixas temporais elevouse de 60.000 ata 132.000 no pasado 2019.
O proceso é ben sinxelo: cando unha persoa acode a un depósito clandestino para deixar un coche, confía na destrucción total do vehículo. O caso é que estes cemiterios clandestinos empregan a venda das pezas e dos vehículos sen os dar de baixa definitiva.
É o momento en que Tráfico comeza a comprobar que son en exceso o número de vehículos que circulan cando deberían estar destruídos. A Comisión Europea xa alertou disto no ano 2018.