CRTVG

Buscar

O Goberno nega a paralización das axudas a parados maiores

Publicado o 01/04/2019 18:31

Segundo o xornal El Mundo, as oficinas de emprego recibiron a semana pasada a orde de paralizar case todas as solicitudes dos subsidios a parados maiores de 52 anos que o Goberno aprobou hai menos dun mes. Pero o Servizo Público de Emprego di que se están tramitando con normalidade. O executivo admite que hai casos particulares que haberá que ir resolvendo, pero nega a maior. José Luis Ábalos, ministro de Fomento "En ningún caso, se paralizou a xestión e resolución destes subsidios. Do 14 de marzo ao 28 de marzo recibíronse 56.000 solicitudes, das que 32.000 xa foron aprobadas"

O Partido Popular dá por boa a información e di que é consecuencia da improvisación. Pablo Casado, presidente do PP "É a improvisación, é o black friday, é o venres electoral, é non ter as cousas feitas. Estaba claro que non se ía poder facer, e o que nós dicimos é que queremos darlles emprego a todos. Non imos facer medidas demagóxicas que nin poden aprobar e que a este paso non van poder pagar"

As novas axudas rebaixan dos 55 aos 52 anos unha paga que se cobra ata a xubilación e que beneficiará 380.000 persoas.

Noticias web

01/04/2019