CRTVG

Buscar

Traballo reformula o cómputo das pensións para os traballadores a media xornada

Publicado o 04/07/2019 13:00

O Ministerio de Traballo move ficha. En cumprimento da setenza do Tribunal Constitucional que obriga a reformular o cálculo das pensións dos traballadores a tempo parcial, o departamento que dirixe Magdalena Valerio xa deu orde de modificar os sistemas informáticos: anularán do cálculo o coeficiente reductor que os maxistrados consideran discriminatorio. Discriminatorio para as mulleres de xeito indirecto -din os maxistrados-, porque son elas as que teñen o 75% dos tres millóns de empregos a tempo parcial que hai en España.

O sistema de cálculo das pensións ten en conta a base de cotización, que xa é menor para os traballos de media xornada. Pero é que ademáis, a estes traballadores e traballadoras aplicábanlle un coeficiente de parcialidade que, na práctica, reducía os días que computaban como 'cotizados', co argumento de que non cotizaran pola xornada completa.

Isto, ata hoxe mesmo, porque esta mesma mañá o Ministerio de Traballo deu a orde de adaptar o cálculo: eliminar ese coeficiente reductor dos sistemas informáticos que fan o cómputo. E mentres non se pon a punto, facer o cálculo a man.

A medida é cosecuencia da setenza do Tribunal Constitucional que se coñeceu onte e na que se explica que os traballadores a media xornada xa teñen as bases reducidas e que non é xusto reducirlle tamén o cómputo das xornadas traballadas. A decisión, iso si, non terá efectos retroactivos.

Noticias web

04/07/2019