CRTVG

Buscar

Traballadores do Álvaro Cunqueiro poden comunicar se teñen síntomas a través dunha app

Publicado o 14/04/2020 15:10

Hepitracker é o nome da aplicación móbil que todos os traballadores, sanitarios ou non
sanitarios, do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, de momento, van poder descargar, voluntariamente, para rexistrar aí, diariamente, calquera síntoma que puidese ser compatible co coronavirus.

A iniciativa xorde do hospital La Princesa de Madrid que seleccionou, de momento, outros cinco hospitais en España. Dous en Galicia, o de Vigo e Lugo, elixidos pola súa baixa incidencia en COVID-19.

Os datos dos síntomas que recolla a aplicación móbil serán comparados e cruzados cada día durante varios meses.

Noticias web

14/04/2020