CRTVG

Buscar

Os traballadores das Pontes reúnense co Goberno para pedir que se minimice o impacto do peche

Publicado o 02/10/2019 15:49

Reunidos arredor dunha mesma mesa e co obxectivo común. Salvar a actividade industrial nas Pontes. Os traballadores de Endesa, acompañados de representantes da industria auxiliar e dos transportistas do carbón presentáronlle á Ministra de Transición ecolóxica un plan de futuro para manter os 700 empregos que dependen da actividade da central. A clave estaría nas materias alternativas ao carbón como a biomasa ou resíduos orgánicos que Endesa ten xa probados. Marcos Prieto, vicepresidente do Comité de empresa de Endesa."Non só fixariamos o traballo na contorna da central si non tamén doutros sectores de Galicia con problemas artellando unha solución viable para todos eles."

 Son proxectos que, dí a Xunta de Galicia, necesitan tempo. O conselleiro, Francisco Conde, reclama entretanto do Goberno o mantemento dunha planta que está adaptada á normativa de emisións. Francisco Conde,  conselleiro de Economía e Industria." O que non pode ser é que a transición parta dunha rupturatemos e que traballaemos coa xente no paro.Temso que permitir que a central das POntes que cumpre coa normativa siga coa súa actividade e en paralelo traballar conxuntamente".

A Xunta de Galicia comprométese a impulsar coas empresas proxectos de I+D para desenvolver as posibilidades de novos biocombustibles como garantía de futuro.

 

Noticias web

02/10/2019