CRTVG

Buscar

Traba e Vaz analizan a situación pola que pasa o Deportivo

Publicado o 22/10/2019 16:38

José Manuel Traba viviu o descenso do Deportivo a Segunda B no ano 1980 e sabe do que fala cando pide que os obxectivos da temporada se redefinan xa. Salvarse ou salvarse, non hai outra.

Como Traba, Luis Rodríguez Vaz coñece ben o Deportivo e botou os anos suficientes no fútbol como para deducir onde están os problemas.

Á hora do diagnóstico, mesmo Traba ca Rodríguez Vaz asumen unha opinión moi espallada entre os afeccionados.

Os dous deportivistas de pro pensan que a defensa é o que urxe reconducir de inmediato, mentres se pechan filas arredor do novo adestrador.

O deportivismo vive horas baixas, pero non se resigna a dar todo por perdido e a opinión dos históricos, malia ser moi crítica, debe axudar a atopar unha saída á situación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019