CRTVG

Buscar

Toyota escolle PSA Vigo para fabricar a súa primeira furgoneta eléctrica

Publicado o 09/07/2019 18:21

O vehículo que Toyota encarga á factoría de Vigo será a variante do vehículo comercial Proace City de Toyota e fabricarase nesta fábrica en exclusiva xunto cos modelos de PSA: o Peugeot Rifter, o Opel Combo e a Citroën Berlingo. Este novo modelo eléctrico xaponés sairá á venda en 2021.

A empresa tomou a decisión ante as restricións de tráfico en distintas cidades pola contaminación. A marca nipoa aspira a vender unhas 35.000 unidades ao ano no mercado europeo. A produción na fábrica viguesa é posible grazas ao acordo entre as dúas compañías automobilísticas.

 

Noticias web

09/07/2019