CRTVG

Buscar

Torra e Torrent afastan posturas sobre a resposta á sentenza do "procés"

Publicado o 31/08/2019 21:15

En pleno debate sobre como debe ser a resposta institucional á sentenza do "procés", o presidente da Generalitat volve reivindicar a investidura de Puigdemont. Quim Torra rexeita deste xeito a proposta do presidente do parlamento catalán, Roger Torrent, partidario de reaccionar á decisión do Tribunal Supremo cun goberno de concentración. Representantes dos principais partidos e entidades independentistas reúnense dende o venres en Xenebra para analizar esta cuestión. Entre os asistentes están o presidente da Generalitat, Quim Torra, e Carles Puigdemont.
 

Noticias web

31/08/2019