CRTVG

Buscar

Tomiño, tamén en alerta vermella: 22 contaxios tras unha xuntanza de amigos

Publicado o 13/10/2020 15:09

No centro de Tomiño este martes hai menos movemento do habitual. Os 22 casos positivos notificados por Sanidade nos últimos sete días fixeron saltar as alarmas para un municipio de 14.000 habitantes. Hai preocupación tamén na hostalaría por medo a medidas máis restritivas.

Deses 22 positivos, cinco son alumnos deste instituto de Tomiño. Contaxiáronse fóra do centro nunha xuntanza de amigos, o que obrigou a realizar un cribado masivo nesta ponte festiva entre alumnos, mestres e familiares. Por precaución o centro pechou unha aula.

Os 22 contaxiados están illados e non precisan hospitalización. Tomiño é o único municipio da provincia de Pontevedra en alerta vermella.

Noticias web

13/10/2020