CRTVG

Buscar

Tomas as uvas ao propio ritmo pode evitar os atragoamentos coas uvas

Publicado o 31/12/2019 15:08

Están celebrando, ensaiando a celebración das badaladas e tragando á velocidade habitual.

"As badaladas son as que marcan o ritmo e ás veces non nos lembramos de que iso pode supoñer unha causa de atragoamento".

Por iso, a recomendación é mastigar ao noso propio ritmo, se é que a tradición nos deixa.

"Ata agora sempre conseguín acabalas todas, pero tamén escollo as máis pequenas".

Unha boa precaución, escoller as uvas más pequenas. Pero o Concello de Ames decidiu substituír as uvas por algo máis pequeno ca as uvas.

"Arandos, que están moi bos". "Igual serían mellores ca as uvas porque non producirían unha obstrución completa da vía aérea".

Unha alternativa diferente ás habituais.

Pero no caso de atragoarse...

"O primeiro sería manter a calma, porque todo o mundo se pon moi nervioso. E se a persoa é capaz de tusir, simplemente habería que animalo a tusir".

E se a tose non funciona, cinco golpes nas costas, e se tampouco funcionan, xa habería que abrazar por detrás. "Dous dedos por debaixo do esterno e facer unha compresión".

En todo caso, o primeiro, coma todos os anos, é a palabra do ano: sentidiño. E mastigar.

Noticias web

31/12/2019