CRTVG

Buscar

Toma de posesión de varios altos cargos da Xunta

Publicado o 11/09/2020 14:40

Esta mañá na Xunta celebráronse varios actos oficiais de toma de posesión de altos cargos autonómicos.
O titular do executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, encabezou o acto no que tomou posesión do seu cargo de secretario xeral de Presidencia Álvaro Pérez López.
Tamén o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, presidiron senllos actos oficiais. Nava Castro, que renova como directora de Turismo de Galicia, e Pablo Casal como novo secretario xeral técnico de Economía.


 

Noticias web

11/09/2020