CRTVG

Buscar

"Todos os sentimentos quedaron rotos no chan da Rambla", di o pai do nendo falecido no atentado de Barcelona

Publicado o 13/11/2020 15:12

Das 14 vítimas que deixou a furgoneta de Abouyaaqoub ao seu paso polas Ramblas, a máis nova era Xavi, un neno de tres anos que paseaba coa súa nai, irmá e dous tíos. Un deles tamén faleceu atropelado. O seu pai, que estaba traballando cerca, relatábao na Audiencia Nacional.

"Todos os sentimentos que un ten como pai para luchar na vida quedaron rotos no chan da Rambla", di Javier Martínez, pai de Xavi.

Aquel 17 de agosto tamén cambiou a vida de Nuria. Tiña un posto de flores contra o que impactou a furgoneta. 

"Vin xente que saía disparada, baixaba a moita velocidade e chocou contra a miña parada. Estou vivindo nunha vila, non puiden volver á Rambla", asegura.

Tamén un traballador dun restaurante próximo, ferido no atentado, relatou ante a Audiencia Nacional as secuelas do ataque xihadista.

Noticias web

13/11/2020