CRTVG

Buscar

O pleno de Ourense pide a dimisión de Jácome, que se nega a amosar as contas do seu partido

Publicado o 11/09/2020 14:50

Os díscolos de Democracia Ourensana unírone ao PP, aos socialistas, aos nacionalistas, e a Ciudadanos para pedir a marcha do alcalde. Non están de acordo coa xestión de Pérez Jácome no Concello
O PP insiste, de novo pediu informacion sobre esas supostas irregularidades na xestión dos fondos de Democracia Ourensana. Foi o motivo polo que romperon o pacto.
O ambiente cortábase no salón de plenos de Ourense, habilitado pola Covid-19 na Deputación para cumprir o distanciamento. Foi un pleno tenso con continuas chamadas á orde, algunha ameaza de expulsión e cargado de acusacións do alcalde aos díscolos.

Malia a peticion unánime de dimision Jácome non marcha, seguirá gobernando case en solitario, só conta co apoio dun dos seus concelleiros.

Noticias web

11/09/2020