CRTVG

Buscar

Todo preparado en Xinzo de Limia para arrincar o Entroido co Domingo Fareleiro

Publicado o 08/02/2019 19:46

Conta atrás para o comezo do entroido máis longo de Europa. En Xinzo de Limia teñen todo preparado para o petardazo de mañá sábado, ao que segue o domingo fareleiro, para dar o inicio a corenta días de festa, que estrea a declaración de Interese Turístico Internacional.

Todo preparado para a festa. O sábado arranca o entroido de Xinzo.
Cando todas estas cifras se poñan a cero dará comezo a festa que transformará por completo a vila. O sábado ás doce da noite comeza oficialmente o Entroido de Xinzo de Limia, para o que a comisión organizadora leva traballando case desde o remate da festa anterior. Media tonelada de fariña repartirán ao domingo seguinte, o domingo fareleiro, o primeiro dos cinco que dura o ciclo festivo.

Ciscar fariña entre os presentes é unha tradición cuxa orixe se perde no tempo e que marca o intre a partir do cal xa non hai regras.

A declaración como Festa de Interese Turístico Internacional, acadada este ano, non supón unha especial responsabilidade en canto á seguridade ou limpeza. Pero si obriga a manter intacta a esencia da festa, pola que agardan con ganas tanto veciños da vila coma os milleiros de visitantes que cada ano viven o Entroido en Xinzo.





 

Noticias web

08/02/2019