CRTVG

Buscar

Todo o literal galego atópase en aviso laranxa por forte vento e ondada

Publicado o 22/01/2021 14:41

Despois dunha noite de vento que superou os 100 km/h e chuvia abundante, o temporal Hortensia deunos unha tregua está mañá, pero nas zonas costeiras aínda era visible o seu paso por Galicia.

Todo o litoral está en aviso laranxa por mar combinado, o que provocou que, outro día máis, a frota tivese que permanecer amarrada.

Este tren de borrasca que nos está a acompañar fai que algúns ata boten de menos o frío de hai uns días. Outros prefiren tomalo con optimismo e aproveitar para quedar na casa.

Pero a calma vai durar pouco, porque esta fin de semana chega unha nova fronte.

Noticias web

22/01/2021