CRTVG

Buscar

Todo listo para a gala dos Mestre Mateo, que promete ser unha gran festa

Publicado o 06/03/2020 15:23

Este sábado celébrase a gala dos premios Mestre Mateo que poderán seguir aquí, na Televisión de Galicia, grazas a un equipo de preto de 50 profesionais. Está maña traballaban arreo para ter todo listo de cara á gran festa do Audivisual Galego.

Venres pola mañá, Palacio da Ópera da Coruña, a cidade esperta, pero un numeroso equipo da Televisión de Galicia xa traballa arreo para preparar todo o necesario para a emisión, mañá pola noite, da gala dos Premios Mestre Mateo.

Preto de 50 persoas da Televisión de Galicia traballando na montaxe para que todo sexa perfecto o día da gala e que na retransmisión que fai esta casa todo ese labor teña a súa luz e o seu reflexo.

Aínda que a Televisión de Galicia ten moita experiencia na emisión destes Mestre Mateo, cada ano é un novo reto e presenta as súas dificultades. Pero quen mellor que o realizador da gala dos Mestre Mateo para informarnos do que podemos esperar desta entrega de premios.

A cousa pinta moi ben pero, agora, toca esperar ata mañá pola noite para poder pasar un bo anaco coa festa do audiovisual galego, na gala dos Mestre Mateo, que emite a Televisión de Galicia.

Noticias web

06/03/2020