CRTVG

Buscar

Todo apunta a que Sanidade vai rexeitar a petición de Madrid de pasar á seguinte fase

Publicado o 08/05/2020 15:19

Pablo Iglesias apuntaba a que pode ser a resolución do Goberno: Madrid non está preparada para pasar á fase un da desescalada. O vicepresidente segundo critica duramente a decisión da presidenta madrileña de solicitar o paso.

Isabel Díaz Ayuso recoñece que era reticente a dar o paso, pero cambiou de criterio porque Madrid cumpre os parámetros esixidos, e tamén por criterios económicos.

A decisión abriu unha crise na consellería madrileña de Sanidade. Algunhas fontes aseguran que o seu titular pediu unha semana máis antes de solicitar o paso á fase un, e a directora xeral de Saúde Pública dimitiu por estar en desacordo coa decisión. O seu substituto será Antonio Zapatero, quen foi director do hospital temporal de IFEMA.

Noticias web

08/05/2020