CRTVG

Buscar

Toca o violín mentres a operan dun tumor no cerebro

Publicado o 20/02/2020 20:47

Está tocando o violín mentres a operan dun tumor cerebral. Os médicos do hospital Kings College de Londres pedíronlle a esta música profesional que tocase o instrumento para ver que áreas cerebrais se activaban e non danalas. Foi un xeito de conseguir que esta muller poida seguir coa súa carreira musical.

Tres días despois da operación, á muller déronlle a alta. Agora segue baixo control médico para vixiar a evolución das células canceríxenas.

Noticias web

20/02/2020