CRTVG

Buscar

Titia e Maybe XIV, primeiros líderes no Trofeo Xacobeo en Sanxenxo

Publicado o 27/11/2020 20:24

Xornada inaugural do Trofeo Xacobeo de vela en augas de Sanxenxo. O Titia de Mauricio Sánchez-Bella e o Maybe XIV de Eugenio Galdón son os primeiros líderes do Trofeo na categoría Clásicos e Open, respectivamente. A competición continúa mañá sábado coa segunda xornada deste Campionato de España da clase 6 metros, agárdase que o patrón galego Pedro Campos se incorpore mañá ao mando do Bribon 500, que hoxe rematou a proba en terceiro lugar patroneado polo medallista olímpico Jane Abascal.

Noticias web

27/11/2020