CRTVG

Buscar

Tirotean dúas vacas nos montes de Avión

Publicado o 04/06/2019 14:00

Os animais atopábanse agochados no fondo dun noiro a medio camiño entre os concellos de Avión e Beariz. Pero o seu lugar non é este, habitualmente pastan con outras cincuenta vacas nos montes do Suído. Conta Manuel que a única explicación posible e que alguén lle abrise o cercado para que escapasen e posteriormente dispararlles cunha escopeta nunha zona máis aberta.

O desgusto é grande, di o propietario, pero o peor, asegura, é que non é a primeira vez que pasa algo semellante e que, probablemente, pode volver suceder. Pide que as autoridades tomen medidas e se investigue a autoría dos feitos.

Manuel valora cada un dos animais nuns mil euros. Todo un revés económico e unha perda importante, di, para un pequeno gandeiro coma el.

Noticias web

04/06/2019