CRTVG

Buscar

Tirapuxa entre veciños pola música das 8 da tarde

Publicado o 16/04/2020 14:32

Co aplauso das oito comezaba na avenida da Concordia un anaco de animación baixo a batuta de José Pazos. Así foi durante días ata que apareceu a discordia.

Durante un par de días houbo aplauso, pero non música. Ata que volveu, por petición maioritaria da veciñanza.

Algúns mesmo se ofreceron a aboar a multa en caso de habela. Pazos pide comprensión mutua e que, dalgún xeito, se regule esta actividade.

Lembra que non se trata de facer festas, senón dun momento de liberación da xente no medio da rutina do confinamento.

Xa que logo, de momento, a animación no barrio do Castrillón vai continuar.

Noticias web

16/04/2020