CRTVG

Buscar

Thom Mayne supervisa en Vigo o inicio das obras da estación do AVE

Publicado o 04/02/2019 20:18

O arquitecto Thom Mayne visitou hoxe en Vigo as obras da estación do AVE, que comezaron hai dúas semanas. Estivo acompañado polo rexedor, que subliñou que se trata da obra dun xenio da arquitectura. Un proceso que comezou hai once anos e cuxos traballos está previsto que rematen nuns trinta meses.

Thom Mayne tamén salientou a localización do Centro Vialia, con vistas á ría de Vigo. Un edificio que terá máis de 121.000 metros cadrados de superficie constuída, con dous niveis conectados cunha gran praza pública.



 

Noticias web

04/02/2019