CRTVG

Buscar

Sánchez e Casado acentúan o seu afastamento nunha tensa sesión de control no Congreso

Publicado o 09/09/2020 15:03

Pedro Sánchez pídelle ao PP unidade para aprobar os presupostos e renovar órganos xudiciais. Pablo Casado veo como un intento de rendición incondicional do PP ao que non están dispostos.

Pablo Casado, presidente do PP, explicou que "le ofrecín despolitizar a forma de elección do Consello Xeral do Poder Xudicial e das Fiscalía Xeral do Estado, pero prefire entregarllo a un partido imputado que arremete contra o Rei e contra a xustiza". Ao que respondeu Pedro Sánchez  que "hai unha diferenza entre Unidas Podemos e vostedes: Unidas Podemos cumpre coa Constitución e vostedes non. Renoven as institucións"

Catástrofe con patas chamou Santiago Abascal ao Goberno. Para o líder de VOX, o de Sánchez non só é o peor executivo da democracia: "preside o peor goberno que tivo o noso país nos últimos 80 anos"

Pedro Sánchez, residente do Goberno, replicou que "vostede bota de menos algunhas formas de gobernabilidade afortunadamente xa superadas".

Esquerra Republicana pedíalles aos deputados de Podemos que convenzan a Sánchez de que evite buscar en Ciudadanos o apoio aos presupostos.

Gabriel Rufián, voceiro de ERC no Congreso, pediulles que "aguanten, porque se aguantan, nos aguantaremos".

Faltou Cayetana Álvarez de Toledo nunha bancada popular que viu a estrea da súa substituta, Cuca Gamarra.

A nova voceira do PP no Congreso  acusou ao Goberno de descoordinación: "vostedes fan de cada xestión unha pelexa, de cada asunto unha guerra, e de cada Consello de Ministros unha batalla campal". E respondía Carmen Calvo, vicepresidenta 1ª do Goberno: "non son muleta deste Goberno, pero cambien de terzo e bótenlle un capote a España que lle viría moi ben"

A máscara nos oradores foi unha das poucas novidades dun curso tan polarizado como o anterior.

 

Noticias web

09/09/2020