CRTVG

Buscar

Tendas cheas na xornada festiva para adiantar agasallos do Nadal

Publicado o 08/12/2018 20:34

Hoxe é unha xornada festiva pero non se notou moito nos comercios. Abriron as súas portas e enchéronse de clientes na procura de agasallos do Nadal.

Axudantes dos Reis Magos e de papá Noel saíron este sábado da casa na procura dos comercios abertos nesta xornada festiva. Queren garantir que atopan os mellores agasallos con tempo para evitar as présas do último día.
Tamén os hai que buscan xa roupa especial para as celebracións das vindeiras semanas.

Os que nesta xornada non dean co que buscan, poderán continuar mañá, xa que moitas tendas abren os domingos do mes de decembro para facilitar as compras do Nadal.

 

Noticias web

08/12/2018