CRTVG

Buscar

Temperaturas por riba dos 15 graos en boa parte de Galicia

Publicado o 24/12/2019 20:15

Despois do temporal, chegou a calma. Xusto para a Noiteboa. E as terrazas ateigáronse de xente para deixárense aloumiñar polo sol. Dezaoito graos en Ourense e Lugo, 20 na Coruña e entre 19 e 21 na costa de Pontevedra. E sen paraugas nin chuvasqueiros, por primeira vez desde que Daniel, Elsa e Fabien varresen Galicia de norte a sur.
Á noite toca cea en familia pero o día está reservado para os amigos e os reencontros: "Estamos a mediodía entre amigos, intentando disfrutar un pouquiño do bo tempo, agora que saen os raios de sol, e preparándonos para a cea da noite". "Estamos aquí aproveitando os viños para non ter que cociñar e deixar todo para a noite".
Ambiente tamén nas zonas comerciais. Sempre hai quen agarda ata o derradeiro momento para facer as últimas compras: "As últimas e as primeiras. Todo para o final. Normal: traballamos en tenda entón, finiquitando agora o que se pode".
E a cousa aínda se animou máis a última hora da tarde, antes de recollérense nos fogares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2019