CRTVG

Buscar

Tellado lamenta que Caballero tardara días en condenar a corrupción dos eres

Publicado o 22/11/2019 14:41

O secretario xeral do PPdeG lamenta que Gonzalo Caballero tardara días en facer esta condena. Miguel Tellado cuestiona o posicionamento do líder dos socialistas galegos na loita contra a corrupción no seo do seu partido.

"Dende que é secretario xeral xa tivo dous alcaldes inhabilitados. O de Camariñas co que, en vez de pedirlle a súa marcha o que fixo foi posar encantado xunto a el, e o de Cerceda que leva desde o mes de agosto cunha inhabilitación reafirmada polo xulgado do penal da Coruña e do que o líder dos socialistas non dixo nin unha palabra".

 

Noticias web

22/11/2019