CRTVG

Buscar

O sector do taxi de Sada protesta porque Google posiciona en primeiro lugar a páxina dun taxista da vila

Publicado o 08/01/2020 14:53

Indignados. Así din que están boa parte dos 20 taxistas que traballan nunha parada de Sada. Porque desde hai varios meses, cando alguén busca en Google un taxi nesta vila coruñesa, en vez de saír o número de teléfono da parada, aparece o móbil dun profesional do sector deste concello.

"El creou esa páxina e agora acapara todo o traballo. E se el non pode reparte os servizos entre os 3 ou 4 amigos seus e nós pasamos aquí horas e horas sen facer nada".

Din que nos últimos meses o seu volume de traballo reduciuse de xeito notorio. Tamén cren que deste xeito prexudican o servizo que ofrecen, sobre todo polas noites.

"Agora xa non estamos aquí polas noites, para que? Se xa o chaman a el ao móbil...".

O taxista en cuestión non quixo facer declaracións á cámara. Remitiunos á persoa que lle elaborou a páxina web e desde Zaragoza explica a súa versión. 

Os taxistas xa trasladaron as súas queixas ao Concello. O alcalde, segundo explicou á Televisión de Galicia, traballa xa na elaboración dunha ordenanza municipal para regular o sector con dous claros obxectivos: que os taxistas teñan un traballo digno e que o servizo que ofrezan sexa de calidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2020