CRTVG

Buscar

Taxi de balde para os maiores en Verea

Publicado o 18/11/2019 20:35

Mónica Dapía é a taxista de Verea dende hai cinco anos, hoxe estrea o servizo municipal que lles permite ás persoas maiores ou discapacitadas usar de balde o seu taxi para achegarse á capital do concello.

A falta de transporte público, a taxista pasa dúas veces á semana por todas as aldeas do concello, e non é simplemente chofer, fai un labor social.

É unha iniciativa do Goberno local de Verea, con menos de mil habitantes, para fixar poboación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019