CRTVG

Buscar

Tarde de accidentes de tráfico con feridos leves en Vigo, San Cibrao e Padrenda

Publicado o 09/06/2019 21:16

Na tarde deste domingo rexistráronse varios accidentes que acabaron, por fortuna con feridos leves


Coche envorcado na AP-9
Outro accidente, desta vez na autoestrada AP-9 entre os concellos de Redondela e Vigo deixa unha espectacular imaxe. Por causas que aínda se están a investigar, un vehículo acabou totalmente envorcado no medio da autoestrada. Por sorte, ningún dos seus ocupantes sufriu mancaduras de gravidade malia o aparatoso do sinistro. Mentres non se reitraba o coche producíronse retencións na entrada á cidade olívica.

Colisionan dúas motos en San Cibrao
Dous motoristas quedaron feridos nun accidente acontecido esta tarde na Nacional 525 á altura de San Cibrao das Viñas. Participaban, con outros membros do club de condutores de Vespa de Ourense, nun paseo cando dúas das motos chocaron por alcance. Axiña varias ambulancias se achegaron a este punto do polígono Barreiros e os dous motoristas foron trasladados ao complexo hospitalario de Ourense con feridas de diversa consideración.

Suposto atropelo en Padrenda
A Garda Civil investiga un suceso acontecido no concello ourensán de Padrenda no que un home quedou ferido. Unha chamada alertou ao 112 por un suposto atropelo na aldea de Formarigo. Ao lugar trasladáronse o GES de Ribadavia e Tráfico que constataron que non se trataba dun accidente de tráfico. Barallan que se tratou dunha rifa entre dous veciños enfrontados. O home ferido foi trasladado a un centro sanitario, buscan ao outro veciño.


 

Noticias web

09/06/2019