CRTVG

Buscar

TAP conectará Santiago con Lisboa a partir do verán

Publicado o 16/12/2019 15:03

A partir do 5 de xuño a aeroliña portuguesa TAP vai operar no aeroporto da Lavacolla cunha ponte aérea entre Santiago e Lisboa. Está previsto que se oferten unhas 8.400 prazas cada mes repartidas en dous voos diarios, un de mañá e outro de tarde. A idea é canalizar toda a demanda de Galicia a través do aeroporto de Santiago e que esta conexión sirva para acceder á ampla rede de destinos internacionais que a TAP oferta desde Lisboa. A noticia chega un ano despois de que a TAP cancelara as conexións que tiña entre a capital lusa e os aeroportos da Coruña e Vigo alegando a baixa rendibilidade das mesmas.


 

Noticias web

16/12/2019