CRTVG

Buscar

Suspendida toda actividade non esencial no Carballiño

Publicado o 21/10/2020 08:35

Na provincia de Ourense, a máis afectada actualmente pola incidencia do coronavirus, establécese o terceiro peche perimetral. Así, elévase ao nivel tres de restricións os concellos de Verín, Oímbra e Vilardevós, onde se establece unha redución da mobilidade perimetral. Nestes concellos tampouco se permitirán reunións de persoas non conviventes.

Pola súa banda, a pesar de que o comité clínico detecta unha mellora na evolución epidemiolóxica nos municipios de Ourense e Barbadás, ambos continuarán no nivel 3 de restricións, xunto coa limitación de reunións exclusivamente entre conviventes e o peche da mobilidade perimetral entre ambos os municipios lindeiros, establecida o pasado 7 de outubro.

Canto ao terceiro confinamento perimetral vixente na provincia de Ourense, o que afecta ao Carballiño, Boborás e O Irixo, o comité clínico decidiu restrinxir todas as actividades non esenciais, ao considerar necesario reforzar as medidas de prevención para evitar a propagación do virus nestes tres concellos fronteirizos. Ademais de coa restrición de mobilidade perimentral, nesta zona tamén seguen limitados os encontros só a persoas que conviven.

Noticias web

21/10/2020