CRTVG

Buscar

Suspéndense os eventos previstos para outubro e novembro en Ourense

Publicado o 29/09/2020 14:56

En Ourense, a capital concentra máis da metade dos casos de covid-19 de toda a provincia. Con esta situación, e co magosto ás portas, o concello acaba de suspender todos os eventos previstos para os meses de outubro e novembro. Inclúen a carreira de San Martiño, que sempre é multitudinaria, e tamén os propios magostos. 

Moi próximos a celebrarse na cidade estaban a Carreira de San Martiño en que participan cada ano milleiros de persoas, pronto virían tamén os magostos, outra das nosas festas multitudinarias. Hoxe mesmo o alcalde mantivo unha reunión cos responsables directos de saúde pública aquí no hospital e, dada a situación epidemiolóxica, o futuro destes eventos estaba claro.

A mala evolución da pandemia deixa Ourense, este ano, sen a Carreira do San Martiño, os magostos e as festas do patrón. O Concello suspende todos os eventos de outubro e novembro e avanza a máis que probable suspensión da cabalgata de Reis e do Entroido.

 

 

 

Noticias web

29/09/2020