Superou a covid, pero segue pelexando coas secuelas
Publicado o 22/01/2021 14:36
Isabel cobtabanos hai máis de 60 días como as secuelas da covid seguían complicándolle a vida. É un exemplo de covid persistente. Non lle bastou con superar a enfermidade. Leva dez meses pelexando coas secuelas.
Isabel é enfermeira no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Ten 44 anos e dúas fillas. Agarda que máis pronto que tarde poida recuperar a súa vida.
As causas desta aparición tardía dos síntomas unha vez superado o coronavirus son descoñecidas. Os expertos aseguran que non existe un tratamento específico para combater as secuelas.
Máis sobre Ourense
04/03/2021 12:55