CRTVG

Buscar

Suíza impón unha corentena de 10 días para os viaxeiros procedentes de España

Publicado o 06/08/2020 15:52

O aumento constante de casos novos supón un forte golpe para o turismo. Son cada vez máis os países que toman medidas restritivas fronte aos viaxeiros que cheguen dende España. O último, Suíza. Dende o vindeiro sábado día 8, todos os que entren en Suíza procedentes de España deberán gardar unha corentena de, polo menos, 10 días.

As autoridades helvéticas sitúan España entre as zonas de alto risco. A medida non afecta os que viaxen dende as Canarias e as Baleares nin os viaxeiros que, ao estaren de paso, permanezan menos de 24 horas en territorio español. O incumprimento da corentena implica sancións de ata nove mil euros.

 

Noticias web

06/08/2020