CRTVG

Buscar

Suárez domina en Asturias e Ares queda a 4 segundos da segunda praza

Publicado o 24/10/2020 21:50

Daban igual as condicións. De noite ou de día. Co piso seco ou mollado. O asturiano Cohete Suárez demostrou coñecer as estradas do seu Rally cos ollos pechados. Impúxose en todos os treitos agás no último e acadou unha vantaxe impensable ao principio da xornada, case un minuto.

Na liga de Iván Ares estivo Pepe López. Os dous pelexaron polo segundo posto. O madrileño sempre por diante, pero con Ares arriscando ata o último quilómetro. O de Cambre estivo a piques de remontar os vinte segundos que levaba perdidos nos dous últimos treitos. Outros galegos destacados foron Javier Pardo, sétimo, e Sergio Vallejo, que acabou na oitaba posición.

 

Noticias web

24/10/2020