CRTVG

Buscar

Pillan un neno de 9 anos conducindo unha furgoneta en San Cibrao das Viñas

Publicado o 14/12/2020 14:32

Unha parella da Garda Civil de Tráfico que estaba patrullando polas inmediacións do polígono industrial de San Cibrao das Viñas foi a que detectou o vehículo: unha furgoneta que circulaba pola estrada que une as localidades de Carballeira e Mioteira co que parecía un menor ao volante. Ao darlle o alto, confirmaron as súas sospeitas. O condutor só tiña 9 anos.

A nova colleu por sorpresa os veciños de Mioteira, que non saben de ningún neno desa idade pola zona. Din, iso si, que a estrada ten bastante tránsito pola proximidade ao polígono. E máis ultimamente pola iluminación de Nadal, que atrae visitantes dos arredores. 

O pai do menor, que viaxaba de copiloto, está sendo investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.

Noticias web

14/12/2020