CRTVG

Buscar

Sorprenden 18 percebeiros furtivos que mariscaban nas illas de San Pedro

Publicado o 06/05/2020 14:27

O servizo de gardapescas sorprendeu nas últimas horas 18 percebeiros furtivos fronte á costa coruñesa.

Estaban mariscando ilegalmente nas illas de San Pedro, ata onde puideron chegar a pé aproveitando a marea baixa. Fuxiron cando se deron conta da presenza dos axentes e conseguiron chegar de novo á costa coas capturas e ocultarse.

Dende a confraría de pescadores din que hai tempo esta era unha zona rica en percebe, pero que na actualidade está practicamente esquilmada pola presenza dos furtivos, que sacan o marisco sen ningún tipo de control.

Noticias web

06/05/2020