CRTVG

Buscar

Son xa sete os detidos pola violación grupal de Palma

Publicado o 09/01/2020 19:53

Continúa aberta a investigación da violación grupal a unha menor en Palma e non se descarta que haxa máis arrestos.

De momento hai sete detidos, todos menores, agás un que ten 19 anos, e a quen vemos nestas imaxes no momento de pasar a disposición xudicial xunto outro dos presuntos violadores arrestado esta mesma mañá. A eles hai que sumar os catro detidos onte e outros dous máis, o pasado martes.

A agresión sexual, confirmada polos exames forenses realizados á vítima, tivo lugar nun piso durante a Noiteboa. Os detidos négano e aseguran que o sexo foi consentido.

Noticias web

09/01/2020