CRTVG

Buscar

Son xa nove os cadáveres rescatados en Lanzarote tras o naufraxio dunha embarcación

Publicado o 08/11/2019 08:28

Hoxe será o último día de procura activa de desaparecidos tras o naufraxio dunha embarcación na costa de Lanzarote, tras dúas xornadas de despregamento de efectivos por terra, mar e aire. O xoves atoparon outros catro cadáveres, co que se eleva a nove o número de mortos confirmados. Non está claro se pode haber máis, o que si se cre é que a partir de agora será difícil sabelo.

A zona de costa en que acabou a súa travesía a embarcación é rochosa, cun acceso complicado, o que fixo máis complexa a tarefa de rescate dos corpos.

Os catro superviventes, todos homes de orixe magrebí, falan de entre trece e quince persoas viaxando na barca que saíu da costa marroquí de Agadir, a trescentos quilómetros das illas. A viaxe durou cinco días e rematou o mércores de madrugada, cando as condicións do mar empeoraron e fixeron envorcar a nave.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019