CRTVG

Buscar

Son moitas as persoas que aínda non toman en serio a necesidade de quedar na casa

Publicado o 20/04/2020 21:47

Ía en patinete en sentido contrario por unha estrada de Baión, en Vilanova de Arousa. Cando os axentes o detiveron, o mozo cuspiulles na cara e fuxiu. Dúas horas máis tarde detivérono na casa. O infractor ten 25 anos.
Mentres tanto, no Porriño, a Garda Civil interceptou un ciclista que incumpría o estado de alarma e que duplicaba a taxa de alcol... E en Cangas, condenaron un veciño a 4 meses de prisión por saltar o confinamento de forma reiterada.

Tamén na Coruña seguen aparecendo casos de reincidentes. Os axentes detiveron nas últimas horas un home que xa fora detido o 11 de abril e tamén denunciado en catro ocasións. Agora terá que responder ante a xustiza.

Pero o caso máis sorprendende deuse en Lugo. Un veciño de Sarria viu a Garda Civil dende a ventá da súa casa e decidiu ir ao seu encontro.
Achegouse camiñando e pediu que lle fixeran a proba de alcolemia. Tivera unha comida familar e quería saber a súa taxa de alcol en sangue para calcular canto podía beber cando tivese que conducir.

Os axentes, por suposto, dixéronlle que non podía usar esa escusa para saír da casa e mandárono de volta.
Dende que comezou o estado de alarma puxéronse en España máis de 600.000 multas por saltar o confinamento. A máis baixa é de 600 euros.
 

Noticias web

20/04/2020