CRTVG

Buscar

Solari, á súa chegada a Vigo: "Estou contento de vir a esta institución"

Publicado o 23/01/2021 21:39

A segunda fichaxe invernal do Celta é Augusto Solari, un interior dereito que coincidiu con Coudet en Rácing de Avellaneda. Antes pasou por River Plate e Estudiantes. 

"É algo que sempre soñei e que tiven na cabeza", comentou Solari sobre a súa chegada ao fútbol europeo. O feito de coñecer a Coudet vaille axudar porque "sei como traballa e a súa forma de entender o fútbol". 

A familia Solari é orixinaria do sur de Lugo, na zona da Ribeira Sacra. O seu tío Santiago, exxogador do Real Madrid e do Atlético, sempre comentaba que as raíces familiares estaban en Ferreira de Pantón. 

Noticias web

23/01/2021