CRTVG

Buscar

Soben os prezos en Portugal por mor do coronavirus

Publicado o 24/03/2020 16:36

En Portugal, máis alá dos despedimentos, a crise do coronavirus xa está afectando o peto dos cidadáns. O país veciño depende de moitos produtos españois que subiron de prezo.

Era que se esperaba, pero non tan rápido e de xeito tan brusco. En menos dunha semana o prezo da carne de porco e de polo subiu en Portugal arredor dun 30%, depende do supermercado. Tamén subiron lixeiramente algunhas hortalizas que se traen de Andalucía e Murcia.

A crise do COVID-19 en España ten o seu efecto en Portugal, pero o Goberno luso di que isto durará o que dure a crise. O executivo tamén limitou nas últimas horas a cantidade de paracetamol que se pode comprar nas farmacias, porque os cidadáns estaban facendo acopio deste medicamento, e outra cousa que avanzaron que non sentou ben na poboación é que, aínda que o estado de emerxencia acabe en abril, os portugueses terán que recluírse ata xuño. O pico aquí agárdase para o 14 de abril.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2020