CRTVG

Buscar

Soben a 28 os casos positivos no gromo declarado nun edificio en Monforte

Publicado o 19/08/2020 16:37

O confinamento é voluntario, os veciños gardan corentena ata coñecer o resultado das PCR. Trátase dun inmoble de cinco andares onde hai unha vintena de vivendas. Onte á tarde realizábanse unhas corenta PCR aos contactos máis estreitos da primeira muller que deu positivo e algúns residentes do inmoble. Esta mañá dúas enfermeiras trasladábanse ata aquí para continuar con esas probas. De momento hai 28 contaxiados, a maioría son asintomáticos ou con síntomas leves. Axentes da Policía Autonómica custodian o edificio para levar un rexistro das entradas e saídas.

Persoal sanitario acodía esta maña ata o edificio en que se detectaron os primeiros casos para facerlles as probas ao resto dos inquilinos. Todos gardan corentena a espera dos resultados. Os contaxiados están repartidos por duas vivendas. Teñan vinculos familiares con outros residentes da rúa por iso se estan facendo probas noutros inmobles.

A maioría dos contaxiados están asintomáticos ou presentan síntomas leves. Pero a situación preocupa no barrio.

Esta rapaciña veulle traer a compra do supermercado a unha amiga dela que está confinada dentro deste edificio, unha máis da totalidade de veciños de este inmoble de catro plantas e unhas vinte vivendas cun baixo no que hai anos funcionaba unha discoteca. Estamos nunha das rúas que foi referente na movida noctura en Monforte.

Agora, algúns veciños teñen medo.

Tamén en Monforte pechou unha cafetería logo de que un dos eus empregados dese positivo. Nu xesto de moita responsabilidade, o rapaz advertiu nas redes sociais de que quen tivese mantido contacto con el debía facer as probas para evitar novos contaxios.

Noticias web

19/08/2020