CRTVG

Buscar

Sobe o prezo da pataca galega ao haber menos oferta no mercado

Publicado o 05/04/2019 14:24

A campaña de comercialización da pataca remataba hai uns 15 días de maneira inusual presentando unhas condicións atípicas. A cantidade de patacas recollidas minguou de xeito significativo, reducíndose dende un 20% a produción de kennebec ata un 40% da variedade agria, a máis sementada na Limia. Este feito supuxo un aumento do seu prezo dun 25%, duplicando a media nacional. Os agricultores non lembran unha suba igual.

A escaseza de pataca vén determinada polas condicións atmosféricas, factor que inflúe de maneira importante no cultivo deste alimento tan prezado na nosa comunidade.

Agora os produtores prepáranse para a sementeira da pataca temperá, que comezará dentro de dúas semanas.

O tempo, como non podía ser doutra forma, será o que determine o éxito da vindeira campaña.

Noticias web

05/04/2019