CRTVG

Buscar

Sobe o gasto en pensións por segundo mes consecutivo tras a caída entre marzo e maio

Publicado o 28/07/2020 21:27
Sobe o gasto en pensións por segundo mes consecutivo tras a caída entre marzo e maio

O gasto en pensións contributivas medrou no mes de xullo. A Seguridade Social pagou máis de 9.800 millóns, o cal supón un aumento do 2,28 % con respecto ao mesmo mes do ano pasado. En comparación con xuño, o incremento foi do 0,2 %.  

Este pequeno crecemento mantén por segundo mes consecutivo o cambio de tendencia no número de pensións aboadas despois  dos descensos de marzo, abril e maio.

Noticias web

28/07/2020