CRTVG

Buscar

Un novo falecido nas últimas horas en Galicia por covid-19, e só quedan tres persoas ingresadas na UCI

Publicado o 30/05/2020 15:28

Galicia notifica o falecemento nas últimas horas dunha persoa diagnosticada de covid-19, despois de tres días sen mortes. Trátase duha muller ingresada na Coruña, de 82 anos e con patoloxías previas. Así son 616 as vítimas pola COVID-19 desde o comezo da pandemia.

Galicia rexistra un total de 749 casos activos pola covid-19, co que continúa o descenso das últimas xornadas. Deles 710 están en seguimento domiciliario. E 9.936 pacientes xa recibiron a alta. Dos casos activos, 170 son da área da Coruña, 44 de Lugo, 82 de Ourense, 29 da de Pontevedra, 269 de Vigo, 136 de Santiago e 19 de Ferrol. Dos positivos pola covid-19 só 3 permanecen ingresados nas UCI, 36 en unidades de hospitalización.

As PCR realizadas son 141.331. Do total de decesos 132 son de residencias de maiores e 141 en hospitais e residencias integradas.