CRTVG

Buscar

Só os discapacitados con mobilidade reducida teñen tarxeta de estacionamento

Publicado o 18/11/2019 14:46

Só as persoas con problemas de mobilidade poden ter tarxeta para aparcar en prazas especiais. Outro tipo de discapacitados, aínda que sexa nunha porcentaxe elevada, non poden ter ese servicio especial. Segundo COGAMI, é imposible enganar o servizo de valoración. 

O Tribunal Superior de Xustiza das Illas Canarias acaba de rexeitar a peticion de tarxeta de estacionamento a un cidadán cunha discapacidade do 67%. A sentenza baséase en que o solicitante non ten problemas de mobilidade, como establece a lei. Só os equipos de valoración e orientación, EVOS, un servizo público, poden expedir o certificado necesario para obter esas tarxetas.

"Utilizan un baremo válido a nivel estatal onde aparecen obxectivadas todas e cada unha das posibles causas que orixinan a discapacidade, e determina que persoas teñen esa mobilidade reducida". "Enganar eses equipos é unha tarefa moi, moi difícil. Non é posible", di Víctor Silva Suárez, secretario xeral de Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI.

O que si ocorre con frecuencia é o uso fradulento das tarxetas por parte de familiares ou amigos do discapacitado.

"É importante que a xente se conciencie de que iso vai en detrimento das propias persoas que teñen algunha limitación ou algún problema de mobilidade reducida", reclama Silva.

A organización pídelles aos usuarios da tarxeta e á propia cidadanía que denuncien comportamentos dese tipo.



Noticias web

18/11/2019