CRTVG

Buscar

Só o 35% dos mozos citados vai facer a PCR na Coruña, malia os 67 novos positivos

Publicado o 26/08/2020 14:53

Portas pechadas na Torre de Hércules e un cartel que avisa os turistas de que este mércores non se pode visitar o interior do monumento.

A torre pecha hoxe para acometer labores de desinfección tras o positivo dun traballador dunha empresa auxiliar. Tamén se lle van practicar probas PCR a todo o persoal do monumento. Desde o Concello insisten en que o risco é baixo se se respectan os protocolos sanitarios.

Na cidade continúan os cribados masivos, tanto entre os traballadores máis expostos á covid-19 como entre a poboación de 18 a 40 anos. Cada día son chamados a facer PCR 750 mozos e mozas, pero só o 35% acode á cita.

En canto ás cifras, a área sanitaria da Coruña-Cee rexistrou 67 novos contaxios. Tendo en conta as 32 altas das últimas horas, os casos activos quedan en 1.275, 35 máis ca onte. Tamén aumentou nas últimas 24 horas o número de pacientes covid-19 ingresados nos hospitais ata os 60, 6 deles permanecen na unidade de coidados intensivos do CHUAC.

Noticias web

26/08/2020